Ir o contido principal

Cuestións fiscais actuais da empresa familiar

10.03.2023 | 10.00h-13.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Promovido pola Cátedra Empresa Familiar Galega da USC

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

As empresas familiares constitúen a parte fundamental do tecido empresarial galego e, con ese motivo, a Cátedra da Empresa Familiar da USC organiza organiza un seminario que analizará os aspectos máis relevantes poden afectar na actualidade á planificación fiscal das empresas familiares. 

Baixo o título 'Cuestións fiscais actuais da empresa familiar' desenvolverase o día 10 de marzo das 10.00 ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC. 

O seminario inclúe unha serie de relatorios da man de voces referentes no ámbito da economía e o dereito financieiros. Así, abordará o 'Panorama da empresa familiar en Galicia', coa axuda de Celia López Penabad, moderadora do encontro e profesora titular de Economía Financeira e Contabilidade da USC. Afondará no 'Imposto de solidariedade ás grandes fortunas', con César García Novoa, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da mesma institución. Analizará tamén o 'Arrendamento de inmobles como actividade empresarial' na intervención de Luís Manuel Alonso González, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Barcelona. Revisará a 'Responsabilidade tributaria do administrador societario', grazas a Francisco J. Magraner, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Valencia e explorará os 'Incentivos ao comezo da actividade empresarial' con Begoña Villaverde Gómez, profesora titular de Dereito Financeiro e Tributario da USC. 

O seminario conta coa colaboración de Inditex, do Instituto da Empresa Familiar e da Asociación Galega de Empresa Familiar

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2023.