15.10.2025 | 18.00h

Este mércores 15 de outubro, ás 18.00 horas, na Sala de Xuntas da Facultade, terá lugar outra charla-coloquio dentro do ciclo Webinar 'Apaixonad@s pola Veterinaria!'. Nesta ocasión contarase coa participación de Ana M. Tubío Rodríguez, veterinaria do Corpo Nacional, e actualmente directora da Área Funcional de Agricultura e Pesca da Delegación de Goberno en Galicia. A través da súa charla titulada 'Unha veterinaria na fronteira' poderase coñecer de primeira man a súa experiencia vital e o labor que desempeñan as persoas profesionais da Veterinaria do Corpo Nacional, incluíndo a súa actuación na fronteira.