Salón de Actos

A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE desenvolve o 13 de marzo o quinto seminario do seu programa formativo para universitarios, en colaboración coa Aula Profesional ETSE. Será ás 12.30h na Salón de Actos da ETSE cando Antonio Vázquez Blanco, do equipo de innovación en Tarlogic, pronuncie a charla ‘Ciberseguridade en dipositivos IoT: Ameazas e Solucións’.
A crecente conectividade de dispositivos IoT como cámaras, electrodomésticos e vehículos aumenta os riscos de ciberseguridade. Esta charla explorará as principais ameazas que enfrontan estes dispositivos, como vulnerabilidades e ataques de botnets, e presentará solucións para protexelos. Abordaranse medidas clave de seguridade, incluíndo actualizacións de software e redes seguras, para mitigar os riscos e garantir a protección dos dispositivos conectados.
O seminario diríxese a estudantes de todas as áreas, especialmente aqueles que utilizan con frecuencia RRSS e todo tipo de dispositivos conectados. Para asistir é preciso inscribirse previamente a través da ligazón https://forms.office.com/e/4DkLv1Xi7n
