Ir o contido principal

Sesión extraordinaria do Consello de Goberno

13.11.2025 | 11.15h
Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Colexio San Xerome. FOTO: Santi Alvite

A oferta complementaria de emprego público do Persoal Técnico, de Xestión e de Administración e Servizos para o ano 2025 constitúe o único punto da orde do día da sesión extraordinaria do Consello de Goberno que se desenvolverá o día 13 de novembro, ás 11.15 horas en primeira convocatoria e 11.30, en segunda. A sesión terá lugar no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome en Santiago e na Sala Multiusos do Edificio Servizos Administrativos/Biblioteca Intercentros en Lugo. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2025.