Ir o contido principal

'Sócrates e os seus inmigos', relatorio a cargo de Francisco Casadesús Bordoy

25.09.2025 | 12.30h

Santiago
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

Francisco Casadesús Bordoy da Universitat de les Illes Balears falará de Sócrates e os seus inimigos no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, o 25 de setembro ás 12.30 horas. No ano 399 a.C. tivo lugar en Atenas un dos xuízos máis famosos da historia: o proceso e condena a morte do famoso filósofo clásico grego Sócrates (469-399 a.C.). No contexto da Atenas clásica, a figura de Sócrates aparece rodeada de interrogantes: quen foron realmente os que o acusaron ante o tribunal popular? Que temores ou intereses se agochaban tras os nomes de Meleto, Ánito e Licón? De que se lle acusaba senón de asebeia, de impiedade contra os deuses da cidade, e tamén de corromper a xuventude coa súa palabra incómoda e irónica? Non era, acaso, a súa procura incansable da verdade o que resultaba insoportable para unha polis que temía verse cuestionada nas súas certezas máis fondas? Este é precisamente o tema da conferencia do profesor Casadesús, especializado en temas de pensamento grego clásico, e moi específicamente nos presocráticos, Sócrates, Platón e os helenísticos. 

Entre numerosas publicacións dedicadas á filosofía e relixión gregas, publicou unha introdución ao pensamento de Demócrito na colección Biblioteca Filosófica de Ediciones del Orto, coordinou a edición do libro Orfeo y la tradición órfica (Akal), xunto co profesor Alberto Bernabé, e traduciu varios diálogos de Platón, como o Crítico, o Sofista e o Político en Alianza Editorial. É tamén o coordinador da Aula de Humanidades e dos Cursos de Pensamento e Cultura Clásicas do CaixaForum de Palma. Actualmente prepara un libro sobre Sócrates e os seus inimigos. 

Cartel do relatorio
Cartel do relatorio
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2025.