Ir o contido principal

O 13 Congreso Mundial de Dixestión Anaerobia desenvólvese en Santiago a vindeira semana

O 13 Congreso Mundial de Dixestión Anaerobia desenvólvese en Santiago a vindeira semana coa asistencia de, entre outros, o profesor Gatze Lettinga que o martes será investido doutor honoris causa pola USC. Neste encontro internacional debaterase do 25 ao 28 de xuño sobre o estado dos procesos biolóxicos anaerobios. Trátase de abordar cuestións tradicionais relativas á dixestión anaerobia incluíndo a recuperación de enerxía e nutrientes, a biodegradación de compostos recalcitrantes, modelado e control ou sistemas de bioelectroquímica en paralelo e asuntos máis innovadores como a co dixestión para a mellora da eficiencia, a integración de procesos, novas biomasas ou a AD como tecnoloxía fundamental nos sistemas descentralizados e para reducir a pegada de carbono. O congreso inaugúrase o martes 25 ás 18.00 horas no Hostal dos Reis Católicos nun acto no que está prevista a participación do reitor da USC, Juan Casares Long; do conselleiro de Medio Ambiente, territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; e do presidente do comité organizador, o profesor da USC Juan Lema Rodicio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.06.2013.