Ir o contido principal

A 14ª Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota o pano coa entrega de premios

Preto de 3.000 persoas achegáronse entre o 23 de abril e o 8 de maio ás propostas escénicas das compañías participantes na 14ª Mostra de Teatro Universitario de Galicia. A entrega de premios porá o broche á programación deste encontro único polas súas características que, organizada pola Aula de Teatro da USC, reuniu ao longo das últimas semanas aos principais expoñentes do teatro universitario que se realiza en Galicia. A clausura da Mostra celebrarase este xoves 9 nun acto ás 20.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, no que ademais os premios, dous por categoría, aos mellores espazo escénico, iluminación, vestiario, interpretación masculina, interpretación feminina, mellor dirección e mellor montaxe. O xurado reunirase este mércores para decidir o seu ditame, entrando en concurso todas as compañías universitarias galegas, das que o 90& pertencen á USC. Ademais da Compañía de Teatro e da Aula de Teatro da USC-Lugo, participaron neste escaparate do movemento teatral universitario galego a Aula de Teatro da Universidade da Coruña, Maricastaña e Cordelia da Universidade de Vigo, A Santa Compaña, Arte Maior, Tolemia, Teatro da Falúa, Espírito Áspero, Tik e Tak, Artías, Sigillatos Galaicos, Pinchacerneiro, Las Civas e Nnc Teatro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.05.2013.