Ir o contido principal

2.500 bolsas de prácticas profesionais en pequenas e medianas empresas para estudantes

Aberta ata o 31 de marzo a I Convocatoria do Programa ‘Bolsas Santander CRUE CEPYME Prácticas en Empresa’

O Banco Santander, a CRUE e a Confereración Española da Pequena e Mediana Empresa convocan o primeiro programa de prácticas profesionais en pequenas e medianas empresas para alumnado universitario. O prazo de inscrición remata o 31 de marzo. Son en total 2.500 as prazas ofertadas, cunha duración de tres meses (ampliable a seis) a xornada completa e unha axuda ao estudo de 600 euros brutos mensuais que pode ser complementada con calqueira outra axuda que a empresa de destino desexe ofrecer.

As persoas solicitantes deben estar matriculadas en titulacións de grao ou master nalgunha Universidade española ou centro adscrito a ela e ter superado o 50 por cento dos créditos ou estar nos dous últimos cursos ou co proxecto fin de carreira.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2012.