Ir o contido principal

O 30 de abril remata o prazo para presentarse á primeira convocatoria de creación de contidos dixitais formativos e de divulgación

 A convocatoria diríxese a membros do PDI, PI ou grupos de innovación docente da USC. Fotos: Santi Alvite
A convocatoria diríxese a membros do PDI, PI ou grupos de innovación docente da USC. Fotos: Santi Alvite
O persoal docente e investigador da USC contará co apoio dunha oficina de virtualización

A Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela lanzou en marzo a primeira convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación dirixida a membros do PDI, PI ou grupos de innovación docente da USC. O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 30 de abril.

A iniciativa consiste en que o persoal docente e investigador da USC poida contar co apoio dunha oficina de virtualización para o tratamento dos contidos dos que xa dispoña ou ben que elabore para a ocasión, sendo o fin último quedar a dispor da comunidade estudantil e da sociedade en xeral en forma de contidos dixitais de alta calidade e con licenzas abertas.

A oficina tratará os contidos e recursos dixitais segundo a súa orixe: os xa existentes serán normalizados, adaptándoos e actualizándoos, de ser o caso, mentres que os novos pasarán por unha fase de deseño e produción. En ambos casos será o paso previo para a súa publicación nas novas ferramentas corporativas con licenza aberta.

A información completa da convocatoria, así como o anexo de solicitude, poden consultarse no espazo web do Centro de Formación de Persoal e no Taboleiro Electrónico da USC.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2024.