Un total de 36 equipos participaron no I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura

Un total de 36 equipos participaron no I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura e o I Raid Popular Praia de Tapia organizado pola Universidade de Santiago e o Concello de Ames na praia fluvial de Tapia o pasado sábado. Na competición aberta ao público en xeral ocuparon o primeiro posto Juan Rodríguez e Francisco Varela; o segundo, José Manuel Esmoris e Orlando Rodríguez; e o terceiro, Horacio Souto e Javier Veiga.
No I Campionato Galego Universitario de Raid de Aventura, no que só se clasificaban equipos compostos exclusivamente por universitarios, situáronse no primeiro lugar Alberto Arufe e Juan José Sancosmed; no segundo, Javier Sánchez e Ion Sola; e no terceiro, Xoel Chamorro e Antonio Freire.
O Raid de Aventura é unha competición multidisciplinar destinada a probar a capacidade de resistencia, navegación e supervivencia de equipos en completa autonomía. Os equipos tiveron que completar un extenso percorrido de orientación no menor tempo posible, superando as dificultades naturais que atoparon no seu paso sen valerse de axuda externa nin de medios motorizados.