Ir o contido principal

Máis de 400 alumnos de sexto de Medicina toman parte na Avaliación Clínica Obxectiva Estruturada

Os alumnos enfróntanse nesta proba a casos clínicos reais representados por actores ou mediante a utilización de simuladores de pacientes
Os alumnos enfróntanse nesta proba a casos clínicos reais representados por actores ou mediante a utilización de simuladores de pacientes
Este é o segundo ano que esta proba, de carácter obrigatorio para todos os futuros médicos, ten lugar nas mesmas condicións e simultaneamente en todo o Estado, alén de levarse a cabo por primeira vez de forma presencial tras a pandemia
Santiago de Compostela

Un total de 3500 alumnos e alumnas de último curso de medicina de dezanove facultades de toda España, realizaron a Avaliación Clínica Obxectiva Estruturada, unha proba de carácter práctico orientada a valorar a competencia profesional do alumnado mediante a resolución de casos clínicos e a demostración de habilidades prácticas. En concreto, foron 420 os alumnos e alumnas de sexto curso de Medicina da USC os e as que tomaron parte nesta Avaliación.

Este é o segundo ano que esta proba, de carácter obrigatorio para todos os futuros médicos, ten lugar nas mesmas condicións e simultaneamente en todo o Estado, alén de levarse a cabo por primeira vez de forma presencial tras a pandemia. Os alumnos enfróntanse nesta proba a casos clínicos reais representados por actores ou mediante a utilización de simuladores de pacientes, alén de resolver diversas cuestións relacionadas coa entrevista clínica, a exploración física ou a interpretación de probas complementarias axustadas a cada caso. Tamén se aborda a redacción de informes clínicos ou a realización de procedementos terapéuticos como suturas ou manobras de reanimación  cardiopulmonar avanzada.

Debido á situación actual e para minimizar os riscos de transmisión do virus, a Conferencia Nacional de Decanos de Facultades de Medicina de España (CNDFME), adoptou a decisión de realizar probas virtuais e desenvolver unha  Avaliación de casos clínicos  computarizados simulados para executalos na plataforma do campus virtual de cada universidade, nun proxecto de innovación común.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2021.