Ir o contido principal

Aberta ata o 30 de setembro a matrícula na programación do IV Ciclo Universitario da USC para o curso 2016-2017

Alumnos do IV Ciclo Universitario da USC, na xornada informativa celebrada en Profesorado
Alumnos do IV Ciclo Universitario da USC, na xornada informativa celebrada en Profesorado

A USC mantén aberto ata o 30 de setembro o plazo de matrícula no curso 2016-2017 do IV Ciclo Universitario, un programa independente de estudos universitarios, aberto á participación de persoas maiores de 50 anos e orientado á formación deste colectivo. A programación do IV Ciclo Universitario da USC para o vindeiro curso mantén unha estrutura semellante á de anos anteriores e oferta os títulos propios de Diploma Sénior en IV Ciclo e Diploma Excélsor en IV Ciclo. A oferta dos contidos programadas no marco do IV Ciclo Universitario da USC presenta diferenzas nos campus de Lugo e de Santiago, aínda que a USC ofrece en cada un dos casos un abano de preto de 40 materias diferentes e cuxa temática abrangue todas as áreas do saber. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste programa de formación de maiores da USC poden inscribirse desde hoxe na Casa da Balconada de Santiago de Compostela ou na Unidade de Xestión Académica sita no edificio da Biblioteca Intercentros do campus de Lugo. A consulta das materias ofertadas, así como dos horarios previstos para a docencia, poden consultarse na web da USC, onde tamén se pode atopar información relativa ao desenvolvemento deste programa universitario de formación de maiores, planos de estudo, cadro de docentes A actividade académica do novo curso do IV Ciclo Universitario da USC botará a andar o vindeiro 3 de outubro, data na que xa se comezarán a desenvolver as clases das materias que rexistraron demanda. A oferta formativa do este programa de formación sénior no campus lugués presentouse a semana pasada nunha sesión informativa celebrada na Facultade de Formación do Profesorado, onde a profesora e investigadora Carolina Casal ofreceu o relatorio ‘A ara votiva de Adai ou a promesa de Maxumus’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2016.