Ir o contido principal

Aberta ata o luns a inscrición na xornada sobre agroecoloxía que se celebrará o 21 de setembro na Estación Científica do Courel

Cartaz da xornada
Cartaz da xornada
Xan Neira, Elena Díaz, Carlos Brea e Belén Díaz intervirán como relatores no marco deste foro sobre produción ecolóxica
Lugo

A Estación Científica do Courel celebra o vindeiro 21 de setembro a xornada ‘ Agroecoloxía e produción ecolóxica’, unha actividade formativa e de divulgación que se prolongará en quenda de mañá e tarde e que será impartida por Xan Neira, Elena Díaz, Carlos Brea e Belén Díaz. O prazo de inscrición permanece aberto ata o 16 de setembro.

O programa da xornada, que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo, inclúe relatorios e obradoiros prácticos de compostaxe e labores culturais. Así, as distintas sesións expositivas versarán sobre as vantaxes da agroecoloxía na mitigación e adaptación ao cambio climático, principios básicos e estratexias de agroecoloxía, o solo e a xestión da materia orgánica e a nutrición das plantas, rotación alternativa e asociación de cultivos e protección de cultivos.

A inscrición nesta xornada está aberta ata o 16 de setembro na páxina web da Estación Científica do Courel, onde as persoas interesadas poden cumprimentar o formulario en liña. Tamén é posible formalizar a matrícula a través do enderezo electrónico estacion.courel.inscricions [at] usc.es (estacion[dot]courel[dot]inscricions[at]usc[dot]es). Tamén se pode obter máis información a través do número de teléfono 600 942 418 ou no enderezo antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2021.