Ir o contido principal

Aberta a convocatoria de mobilidade Erasmus para o Persoal de Administración e Servizos

Mellorar as aptitudes dun determinado posto a través do intercambio de experiencias e boas prácticas con institucións ou organizacións doutros países é o obxectivo da convocatoria de mobilidade que a USC mantén aberta para o seu Persoal de Administración e Servizos dentro do programa Erasmus.
As persoas interesadas deberán achegar un programa de traballo a desenvolver na Universidade de acollida así como demostrar coñecementos do idioma do país de destino ou, no seu defecto, coñecementos de inglés. O período para a presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 20 de setembro.
A selección realizaraa unha comisión configurada polo vicerreitor de Política Internacional, o director da Oficina de Relacións Exteriores e un representante da Xerencia da USC. Os criterios a valorar serán o beneficio que a estadía pode reverter no servizo de orixe, a calidade dos programas de traballo presentados ou o nivel de coñecemento do idioma.
As estadías serán, con carácter xeral, de cinco días laborables, pudendo realizalas ata o 30 de setembro. Establecerase unha axuda para cubrir os gastos de desprazamento e manutención durante o período de realización da formación. Os gastos de manutención calcúlanse baseándose nas tarifas diarias do país de destino e os de desprazamento de acordo cos gastos reais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.06.2009.