Ir o contido principal

Aberta a convocatoria das probas para o acceso á USC para maiores de corenta anos

As persoas maiores de corenta anos que acrediten experiencia profesional ou laboral e desexen cursar unha ensinanza oficial de grao na USC disporán ata o 30 de maio para presentar a súa solicitude. O proceso de selección que contempla a convocatoria , dirixida a persoas que non teñan o título oficial de acceso á Universidade, establece unha primeira fase de avaliación da experiencia laboral e currículo e unha segunda de entrevista persoal. A primeira fase terá lugar do 1 ao 6 de xuño e a segunda entre o 13 e o 15 do mesmo mes.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.05.2011.