Aberta a inscrición para asistir en liña á presentación do libro ‘Bases Científicas da Dieta Atlántica’
O libro Bases Científicas da Dieta Atlántica, editado polo servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC, recolle nas súas 270 páxinas os alicerces conceptuais e científicos deste tipo de dieta. Esta obra nace como resultado do ‘Simposio sobre Dieta Atlántica’ que se celebrou en Santiago hai ano e medio e que no que participaron expertos internacionais a través de varios relatorios que profundaron nas bases científicas desta caste de alimentación e no estilo de vida que a ampara.
O acto de presentación da obra, presidido polo reitor Antonio López, terá lugar o vindeiro martes 1 de decembro, a partir das 11.00 horas. Por mor da pandemia da COVID-19, as persoas interesadas deberán asistir en liña a través desta ligazón. Dende a organización, pídese que a participación sexa confirmada no enderezo electrónico Dietatlantica [at] usc.gal (Dietatlantica[at]usc[dot]gal)
A obra está impulsada pola Fundación Dieta Atlántica da USC, a cal leva traballando nos últimos anos no desenvolvemento conceptual, epidemiolóxico e clínico desta modalidade de alimentación e estilo de vida que une aos territorios de Galicia e Norte de Portugal.