Aberta a inscrición para o I curso de arbitraxe e cronometraxe de balonmán
Convalidable por 2 créditos para alumnado da USC
Dende este mércores e ata o día 28 está aberto o prazo de inscrición do I Curso de Arbitraxe de Balonmán Universidade de Santiago, organizado en colaboración coa Federación Galega de Balonmán.
O obxectivo é a capacitación para as tarefas arbitrais e de auxiliar de mesa do alumnado participante.
O curso, cun prezo de 50 euros e convalidable por 2 créditos para alumnado da USC, contará cunha parte teórica en liña e unha formación práctica en competicións oficiais (remunerada) e de promoción.