Ir o contido principal

Aberta a inscrición para un curso de fotografía dixital na Facultade de ADE

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo celebrará no mes de maio un curso de fotografía dixital e Photoshop dirixido a persoas con coñecementos de fotografía, organizado polo profesor José Federico García Fernández.
O curso será impartido por José Reigosa Piñeiro do 7 de maio ao 5 de xuño, todas as tardes dos mércores e xoves, de 17:00 a 19:00 horas. O programa comprende os sistemas de arquivo en RAW e JPEG así como as características da imaxe dixital. Así mesmo, abarcará unha ampla explicación do sistema de traballo e edición das fotografías mediante o programa Photoshop.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 deste mes e as 15 prazas das que dispón o curso cubriranse por rigoroso orde de inscrición. Os interesados deberán apuntarse na dirección de correo electrónico fegafe [at] lugo.usc.es (fegafe[at]lugo[dot]usc[dot]es) indicando nome, correo electrónico, teléfono e enderezo. Os seleccionados deberán abonar os 40 euros que custa o curso tras a súa admisión.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.04.2008.