Ir o contido principal

Aberta a inscrición dunha nova edición do Programa de Innovación Akademia para estudantado da USC

Estudantado no campus de Compostela. FOTO: Santi Alvite
Estudantado no campus de Compostela. FOTO: Santi Alvite
A iniciativa, en liña e gratuíta, consta de tres convocatorias distintas, rematando o período de inscrición máis inmediato o 24 de setembro

A Fundación Innovación Bankinter lanza unha nova edición do programa Akademia para estudantado da USC, unha iniciativa innovadora con docentes con experiencia de referencia internacional que axudará a que o estudantado faga fronte ao seu futuro e “leve a súa carreira ao seguinte nivel”, explican. 

O estudantado inscrito aprenderá a analizar, interpretar e ollar as tendencias do futuro ademais de “vivir unha experiencia de crecemento para a súa vida profesional e persoal, así como aprender a crear un algoritmo de intelixencia artificial dende cero”, engaden dende a organización. 

Cada unha das sesións do curso será guiada por una persoa experta de referencia no seu campo, e trataranse temáticas diversas que van dende a enerxía e a auga ata a intelixencia artificial ou o big data. O programa desenvolverase dende outubro deste ano ata febreiro de 2025 e para participar é necesario formalizar previamente a inscrición. 

Ofértanse tres convocatorias con prazos e horarios diferentes, rematando o 24 de setembro o período de inscrición para a convocatoria que se desenvolverá os luns. Quen  prefira asistir os mércores dispón ata o 1 de outubro para inscribirse e quen escolla os venres ten ata o 27 de setembro.

Para inscribirse hai que enviar o currículo ou o perfil en linkedin ademais dunha carta de motivación a través da páxina web Akademia de Fundación Innovación Bankinter (fundacionbankinter.org), indicando que é estudantado da USC.   

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.