Aberta a inscrición no V Encontro Internacional de Xoves Emprendedores

Tras os éxitos logrados en anos anteriores, unha vez máis vaise a celebrar o V Encontro Internacional de Xoves Emprendedores que terá lugar o 22 e 23 de marzo na Facultade de Ciencias Económica e Empresariais da Universidade de Vigo, organizado polas tres galegas e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa.
Pouco a pouco foise afianzando este evento aumentando o número de participantes, desde aquela que se celebrou por primeira vez en Santiago de Compostela ata a edición actual. A USC quere seguir apostando por animar a xuventude a que coñeza as posibilidades do emprendemento, fomentando as relacións internacionais entre os discentes universitarios de ambos países e xerando oportunidades de inserción laboral, ademais do enriquecemento persoal que supón esta experiencia.
As persoas da USC que desexen participar deberán inscribirse ata o día 16 de marzo na web da facultade de Dereito ou de Ciencias Económicas e Empresariais. Ademais, as interesadas poderán presentar o seu proxecto de emprendemento, do que se seleccionarán oito de Galicia para presentar no evento e no que o xurado internacional seleccionará catro finalistas e posteriormente un gañador/a.