Ir o contido principal

Aberta a inscrición do Programa de Innovación Akademia para alumnado da USC

As dez sesións terán pouco máis dunha hora de duración a través de Zoom e, en cada unha, unha persoa especialista na materia dirixirá o debate
As dez sesións terán pouco máis dunha hora de duración a través de Zoom e, en cada unha, unha persoa especialista na materia dirixirá o debate
A iniciativa consta de diferentes convocatorias con diversos horarios e prazos de solicitude, rematando o período de inscrición máis inmediato o 22 de setembro
Santiago de Compostela

A Fundación Innovación Bankinter lanza unha nova edición do programa Akademia para alumnado da USC, unha iniciativa innovadora con docentes de referencia internacional que axudará a que o estudantado faga fronte ao seu futuro “levando a súa carreira ao seguinte nivel”, explican. O alumnado inscrito aprenderá a analizar, interpretar e ollar as tendencias do futuro ademais de “vivir unha experiencia de crecemento para a súa vida profesional e persoal, así como aprender a crear un algoritmo de intelixencia artificial dende cero”, explican dende a organización.

As dez sesións terán pouco máis dunha hora de duración a través de Zoom e, en cada unha, unha persoa especialista na materia dirixirá o debate. O programa desenvolverase ata decembro de 2023 e para participar é necesario formalizar a inscrición a través da web de Akademia. Ofértanse tres convocatorias con prazos e horarios diferentes, rematando o período de inscrición máis inmediato o 22 de setembro.

O tránsito das ideas dende o papel á realidade, as fronteiras da enerxía, a auga, telecomunicacións, as oportunidades do big data, a intelixencia artificial, ou a revolución cuántica serán algúns dos temas obxecto de análise neste programa formativo.  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2023.