Ir o contido principal

Aberta a inscrición das segundas Xornadas de terminoloxía matemática

Póster das xornadas
Póster das xornadas

Matemáticas celebra as súas segundas Xornadas de terminoloxía matemática os días 28 e 29, de 17.00 a 20.00 horas, no Salón de Graos do centro. O programa deseñado permitirá reflexionar sobre a implantación da lingua galega nesta ciencia e máis no seu ensino.

Coñecer materiais didácticos de matemáticas en galego, reflexionar sobre a fixación e evolución do léxico galego da materia, analizar a situación legal sobre os usos lingüísticos no ensino das matemáticas ou presentar a estatística como ferramenta na investigación lingüística son os principais contidos das exposicións, que se completan cunha breve presentación dos Premios á calidade lingüística e do concurso Explícoche Matemáticas 2.0.

A inscrición é de balde e débese realizar para obter o diploma de asistencia por seis horas antes do 26 de novembro. Para acadar máis información e formalizar a inscricións, as persoas interesadas deben dirixirse á web das xornadas. Esta é unha acción formativa organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2017.