Aberta a matrícula do Cineforum ‘Empresa, Economía e Sociedade’, recoñecido con 1 ECTS
Ciencias Económicas e Empresariais organiza o CineForum ‘Empresa, economía e sociedade’ coa pretensión de converter o cinema nunha ferramenta pedagóxica que permite unha aproximación a temáticas empresariais, económicas e sociais. Esta actividade estará recoñecida cun crédito ECTS para todo o alumnado da USC e está organizada dende o decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais baixo a coordinación dos profesores Adrián Dios Vicente e Raúl Rios Rodríguez, do Departamento de Economía Aplicada.
Ao longo deste curso proxectaranse un total de oito películas que servirán como punto de partida para a realización dun coloquio arredor de cada un dos temas tratados nos correspondentes filmes proxectados. Cada unha das sesións contarán coa presenza de especialistas de cada unha das temáticas analizadas.
O límite da actividade son 100 prazas que serán asignadas por orde de inscrición, con preferencia para o alumnado dos grao en Economía e Administración e Dirección de Empresas. O período de preinscrición estenderase ata o 29 de outubro e deberá formalizarse a través desta ligazón. Unha vez confirmada realizada este trámite será preciso aboar a inscrición entre o 30 de outubro e o 2 de novembro. Ademais está previsto e elaboración dunha listaxe de espera para cubrir posibles renuncias.