Ir o contido principal

Aberta a matrícula do curso de especialista en Seguridade Social

O curso de especialista en Seguridade Social desenvolverá no primeiro semestre de 2012 a súa cuarta edición. Trátase dunha acción formativa organizada pola USC co respaldo do Ministerio de Traballo, a Consellaría de Traballo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña e @e (Administración Electrónica). Actualmente, o curso mantén aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas interesadas en ampliar coñecementos arredor do funcionamento e das particularidades da Seguridade Social. O prazo para apuntarse estenderase ata o 10 de xaneiro de 2012. Profesores das tres universidades galegas, maxistrados, inspectores e funcionarios das entidades xestoras impartirán as distintas sesións prácticas e teóricas. O programa docente do curso articúlase ao redor de nove bloques temáticos nos que, partindo da evolución histórica e das fontes do sistema da Seguridade Social, se prestará atención ao ámbito de aplicación e xestión da SS, actos de encadramento e réxime económico ou prestacións do réxime xeral e dos réximes especiais. Tamén analizaranse outros temas como os rexímenes especiais da seguridade social, prestacións non contributivas, a seguridade social complementaria, a tutela administrativa e xudicial ou a normativa comunitaria e convenios internacionais relativos á SS.

Para acadar máis información sobre este posgrao, as persoas interesadas poden dirixirse á profesora Lourdes Mella (lourdes.mella [at] usc.es (lourdes[dot]mella[at]usc[dot]es)). As clases celebraranse do 11 de xaneiro de 2012 ao 15 de xuño, os xoves e venres, en horario de 16:00 a 21:00 horas na Facultade de Dereito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.11.2011.