Ir o contido principal

Aberta a preinscrición para un curso de experto na xestión de residuos de explotacións agrogandeiras en Lugo

O prazo de preinscrición para realizar o quinto ‘Curso de experto en xestión de residuos xerados nas explotacións agrogandeiras e nas industrias agrarias de transformación' que se desenvolverá no campus de Lugo está aberto ata o vindeiro 31 de xaneiro.
O curso, organizado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) e que conta este ano coa colaboración do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), diríxese a todas aquelas persoas que desexen formarse no ámbito da xestión e manexo dos diferentes residuos. As clases comezarán o 11 de febreiro e terán lugar os xoves, ata o 1 de xullo, en horario de 17:00 a 21:00 horas na Escola Politécnica Superior.
Profesores e investigadores da USC e da Universidade de Vigo, investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, profesionais das Consellarías de Medio Ambiente, de Medio Rural, e de empresas galegas relacionadas coa xestión de residuos impartirán este curso, dirixido polas profesoras María Xesús Sainz Osés e María Elvira López Mosquera.
Os interesados en completar esta información poden facelo na páxina www.ibader.org.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2010.