Aberto ata o 10 de setembro o prazo para a solicitude de admisión en doutoramento
O prazo para solicitar o inicio dos estudos de doutoramento botou a andar este mércores 1 e permanecerá aberto ata o 10 de setembro. A solicitude de novas admisións en programas de doutoramento realizarase a través da Secretaría Virtual. O día 21 deste mes publicarase a listaxe provisoria de persoas admitidas e o 30, a listaxe definitiva logo do período de reclamacións que se estenderá entre o 22 e o 27 de setembro. Finalmente, o primeiro período de matrícula vai do 1 ao 7 de outubro.
A USC dispón de 55 programas de doutoramento: 11 na área de coñecemento de Artes e Humanidades, 11 na de Ciencias, 15 na de Ciencias da Saúde, 11 na de Ciencias Sociais e Xurídicas e 7 na de Enxeñaría e Arquitectura. A matrícula para a continuación de estudos debe formalizarse entre o 1 de setembro e o 10 de outubro.