Ir o contido principal

Aberto ata o 21 de febreiro o prazo para participar no Programa de Titores

Recentemente celebráronse en Compostela os Encontros na USC. Foto: Santi Alvite
Recentemente celebráronse en Compostela os Encontros na USC. Foto: Santi Alvite
O estudantado que participe no programa colaborará no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso

Máis de 200 prazas conforman a oferta inicial de prazas do Programa de Titores, unha iniciativa pola que o estudantado colaborará no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso. A convocatoria mantén actualmente o prazo para de inscrición e a ela poden concorrer as persoas que teñan superior, como mínimo, 30 créditos. As solicitudes poderán presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 21 de febreiro

O estudantado seleccionado participará nun proceso formativo para achegar a futuros/as titores/as os coñecementos necesarios para desenvolver adecuadamente as actividades previstas para o segundo curso. Neste senso, no período formativo inclúense tres bloques temáticos sobre coñecementos básicos do funcionamento da USC, divulgación da oferta de servizos e programas da institución e formación específica para o labor de titores/as. Esta primeiro período formativo desenvolverase en 12 sesións de 90 minutos cada unha entre os días 4 e 21 de marzo, de luns a xoves en horario de 20.15 a 21.45 horas.

Xa no segundo curso, as persoas que accedan á convocatoria colaborarán na acollida na USC dos estudantes de novo ingreso exercendo de titor/a durante todo ano académico e nas actividades do programa A Ponte. Este último programa inclúe as visitas guiadas ás instalacións da USC ou actividades virtuais de orientación e información, entre outros.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2024.