Ir o contido principal

Aberto ata o 3 de marzo o prazo para votar os Orzamentos Participativos

Para a fase da votación foron validadas un total de 103 propostas
Para a fase da votación foron validadas un total de 103 propostas
O Goberno Municipal de Santiago abriu un novo proceso de OP para que a mocidade de Compostela fixese propostas e decidise as accións que quere executar
Santiago de Compostela

Os orzamentos participativos (OP) son unha ferramenta de participación, deliberación e xestión en que a cidadanía fai propostas e decide o destino de parte do orzamento municipal. O Goberno Municipal de Santiago abriu un novo proceso de OP para que a mocidade de Compostela fixese propostas e decidise as accións que quere executar. Destinaranse un total de 100.000 euros para programas e actividades, e desenvolveranse as actuacións ao longo do ano 2024. Logo da fase de realización de propostas, bota a andar agora o período de votacións que se estenderá ata o vindeiro 3 de marzo e que pode formalizarse en liña.

Para a fase da votación foron validadas un total de 103 propostas, distribuídas en 15 categorías: Festivais de música e algo máis; Arte urbano e expresións artísticas; Culturas; Cine; Ciencia, Coñecemento, saberes; emprendemento; Ecoloxía e sostibilidade; Economía circular; Gastronomía saudable; eMocidade; Práctica deportiva; Igualdade, diversidade e educación sexual; Inclusión; Saúde; e Dereitos dos animais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2024.