Ir o contido principal

Aberto a inscrición do segundo Concurso de Comunicación Científica do IGFAE

Cartel do Concurso de Comunicación Científica (C3)
Cartel do Concurso de Comunicación Científica (C3)
A participación no concurso está aberta a calquera persoa
Santiago de Compostela

A segunda edición do Concurso de Comunicación Científica (C 3) bota a andar coa pretensión de promover a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomentar o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos. Esta é unha acción promovida polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) no marco da Semana da Ciencia que se vai celebrar na parte final do ano.

A participación no concurso está aberta a calquera persoa, con especial énfase no persoal investigador dos organismos público de investigación; estudantes de doutoramento, mestrado e grao; alumnado de ESO e Bacharelato; profesorado que traballo no ámbito da docencia da Física; e profesionais da divulgación científica e xornalistas.

O concurso está organizado en tres posibles categorías: monólogos científicos; experimentos, demostracións ou aplicacións web ou para dispositivos móbiles cun tema relacionado coa Física; e artigos de divulgación. A primeira destas modalidades estará dedicada a intervencións dun máximo de tres minutos desenvolvidas en galego, español ou inglés durante a Semana da Ciencia. Na categoría dos experimentos, demostración e aplicacións, as persoas interesadas deberán elaborar unha memoria en formato PDF, mentres que na terceira categoría está dirixido a textos redactados en galegos, español ou inglés cunha extensión máxima de 1.200 palabras.

En calquera das tres categorías o prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 23.59 horas do 31 de outubro. Para acadar máis información sobre as bases do concurso, as persoas interesadas poden consultar a web do instituto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2019.