Aberto o período para interpoñer recursos contra o censo provisional na elección de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento
O prazo para interpoñer recursos contra o censo provisional na elección de representantes nas Xuntas de Centro e nos Consellos de Departamento abriuse este mércores 19 e manterase ata o vindeiro 21 de febreiro. A presentación deste recurso deberá facerse a través da aplicación electoral https://aplicacions.usc.es/axe/publica
O censo definitivo darase a coñecer o 28 de febreiro, así como o número de representantes a elixir en cada circunscrición. O período para a presentación de candidaturas manterase aberto entre o 28 de febreiro e o 10 de marzo. O 12 de marzo terá lugar a proclamación provisional de candidaturas e a definitiva, o 20 de marzo. As votacións desenvolveranse o martes 31 de marzo dende as 9.00 ata as 19:00 horas. O procedemento electoral será de votación electrónica.