Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición para un novo grupo de ioga e cambio de horario nas clases de danza do ventre

A Área de Deportes da USC crea un novo grupo de ioga cuxas clases se impartirán os luns e mércores dende ás 17:00 horas ata ás 18:15 a partir do 18 de febreiro. Por outra banda, as clases dos mércores de danza do ventre pasan a celebrarse das 13:00 horas ás 14:15. Ademais, continúan as sesións de ioga dos martes e xoves de 20:30 a 21:45 horas e de danza do ventre para os luns de 18:30 a 19:45 horas.
As persoas interesadas en anotarse nestas actividades xa poden facelo nas oficinas da Área de Deportes situadas no primeiro andar das instalacións da piscina universitaria ou nas extensións telefónicas 15070, 15071, 15072 e 15073.
Tamén segue aberto o prazo de inscrición nas clases de aerobic e steps, atletismo, bailes de salón, batuka, capoeira, escola da columna, esgrima, expresión da voz e do corpo, gym-dance, tiro con arco, judo, karate, karate infantil, kung-fu, natación, orientación, pilates, taekwon-do, tai-chi, tenis, xadrez, ximnasia de mantemento e ximnasia terapéutica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2008.