Ir o contido principal

Aberto o prazo de matrícula para concorrer ás probas de competencia lingüística B1 do curso académico 2010-2011

As probas están unicamente abertas aos estudantes de graos e másteres da USC
As probas están unicamente abertas aos estudantes de graos e másteres da USC
A inscrición debe realizarse a través de Xescampus ata o 13 de maio

Os alumnos de grao e másteres da USC poden matricularse nas probas de competencia lingüística B1, que realizará o Centro de Linguas Modernas no curso académico 2010-2011. A matrícula debe realizarse a través da aplicación Xescampus, na páxina web da USC, ata o 13 de maio. No momento de facer a inscrición, o alumno debe indicar os seus datos persoais, titulación e curso, a lingua estranxeira na que se quere examinar e o campus de preferencia para a realización da proba, Santiago ou Lugo. Só poderán realizar o exame, os estudantes que se teñan matriculado en forma e prazo. As probas están unicamente abertas aos estudantes de graos e másteres da USC nos que sexa necesario acreditar o coñecemento dunha lingua estranxeira, quedando eximidos da realización das mesmas os que acrediten ter o nivel B1 de acordo co Marco Común Europeo de Referencia. O número total de prazas para a realización destas probas está limitado como segue: 250 para inglés; 70 para francés; 40 para italiano; 40 para portugués; 20 para checo; 20 para ruso e 10 para danés. Terán prioridades os alumnos de último curso dos graos e os matriculados no Máster de Profesorado de Secundaria. Así mesmo, no caso de ser necesario, terase en conta a media do expediente académico e a data da realización da matrícula. As probas escritas terán lugar entre o 6 e o 10 de xuño, mentres que os exames orais celebraranse dende o 27 de xuño ata o 4 de xullo. Porén, as horas e lugares concretos de cada unha das probas publicaranse unha vez rematado o pazo de matrícula. Para máis información pode consultarse o enlace web do Centro de Linguas Modernas, http://www.usc.es/gl/servizos/clm/.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.04.2011.