Ir o contido principal
  • USC Vida

Aberto o prazo de matrícula para o programa de formación 2020-2021 do Espazo de Danza da USC

Danza contemporánea, creativa, oriental e latina conforman a oferta do Espazo de Danza no Campus de Lugo. Imaxe de arquivo no Vello Cárcere de Lugo
Danza contemporánea, creativa, oriental e latina conforman a oferta do Espazo de Danza no Campus de Lugo. Imaxe de arquivo no Vello Cárcere de Lugo
O acceso ás instalacións das aulas estará sometido aos protocolos sanitarios pertinentes por mor da COVID-19 e, de ser preciso, organizaranse quendas para garantir a capacidade da aula
Lugo, Santiago de Compostela

O Espazo de Danza da USC mantén aberto dende este martes o período de inscrición na súa oferta formativa para o curso 2020-2021 que se desenvolverá nos campus de Santiago e Lugo. O acceso ás instalacións das aulas estará sometido aos protocolos sanitarios pertinentes por mor da COVID-19 e, de ser preciso, organizaranse quendas para garantir a capacidade da aula.

O curso de iniciación ao mundo da danza contemporánea para adquirir uns coñecementos elementais sobre este eido desenvolverase no Campus de Santiago entre o 21 de outubro e o 16 de decembro de 2020. Pola súa parte, o curso II de danza contemporánea terá lugar entre o 12 de xaneiro e o 27 de abril de 2021, constituíndo un achegamento técnico ao movemento individual, por medio de traballos que desenvolvan a conciencia do movemento a través dunha danza orgánica e fluída, potenciando as posibilidades físicas e creativas de cada persoa. Danza tradicional galega e pandeireta tamén integran a oferta do Campus de Santiago para este curso, alén de danza latina. As clases nestas tres actividades comezan o 19 de outubro e os horarios dos distintos grupos e modalidades poden consultarse nesta ligazón.

Danza contemporánea, creativa, oriental e latina conforman a oferta do Espazo de Danza no Campus de Lugo. O 26 de outubro comezan as clases do curso de iniciación de danza oriental; o 27, as de contemporánea e creativa; mentres que o día 30 comezan as de danza latina na súa modalidade de iniciación. A inscrición pode formalizarse a través dos enderezos electrónicos area.cultura [at] usc.es (area[dot]cultura[at]usc[dot]es)  para o Campus de Santiago; e cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es) para o Campus de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.10.2020.