Aberto o prazo para participar nos II galardóns Valedora do Pobo en materia de igualdade e dereitos das mulleres
A Valedoría do Pobo, en colaboración coa USC, UDC e UVigo, convoca a segunda edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores TFG e TFM en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Esta convocatoria, cuxo prazo para a presentación de traballos mantense aberto ata o 15 de outubro, outorgará dous premios de 1.000 euros xunto co correspondente diploma acreditativo.
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Asemade, é preciso que sexan sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2020/21.
Os traballos, dirixidos á Valedora do Pobo, presentaranse no rexistro da Valedoría do Pobo ou nos rexistros das tres universidades. No suposto de que non se presenten no rexistro das entidades convocantes deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación vía e-mail (rexistro [at] valedordopobo.gal (rexistro[at]valedordopobo[dot]gal)), en que se detalle o medio utilizado de presentación, tal e como establece a convocatoria.