Aberto o prazo para presentar candidaturas a representantes da EDIUS no Consello do Estudantado
O prazo remata o 4 de novembro e a votación será o día 19
O 19 de novembro será o día da votación para elixir os catro representantes (un por sección) do estudantado da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) no Consello do Estudantado
Serán electores e elixibles en cada sección os/as representantes que forman parte de cada unha delas no Comité de Dirección da EDIUS.