Ir o contido principal

Aberto o prazo para solicitar unha bolsa de estudos Erasmus

O estudantado da Universidade de Santiago de Compostela dispón de prazo ata o 26 de xaneiro para solicitar unha bolsa de estudo nalgunha universidade europea ao abeiro do Programa de Aprendizaxe Permanente (PAP) Erasmus para o curso 2012-2013. A finalidade das axudas, compatibles con outras de carácter xeral salvo mención expresa na convocatoria, é dar aos estudantes de grao, posgrao e doutoramento a posibilidade de realizaren estudos recoñecidos pola USC nas diversas universidades participantes.

As persoas interesadas en participar no proceso poden solicitar asesoramento aos Responsables Académicos de Mobilidade (RAM) que ten cada centro. As solicitudes cursaranse unicamente a través da Secretaría Virtual.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.01.2012.