Aberto o prazo para solicitar bolsas EFE-FECYT de xornalismo científico
A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Axencia EFE convocan as bolsas de xornalismo científico cuxo prazo de inscrición xa está aberto. Poden presentar a solicitude antes do 16 de xullo todas as persoas en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto con nivel alto de inglés e formación académica en xornalismo ou comunicación de ciencia.
O obxectivo da iniciativa é dar continuidade ao programa de xornalismo científico iniciado no marco do Ano da Ciencia 2007, así como satisfacer a demanda crecente de divulgación neste eido.
O período das catro bolsas será dun ano que se desenvolverá con seis meses no Servizo de Información e Noticias Científicas da FECYT e o resto na sección de Ciencia e Tecnoloxía da Área de Información da Axencia EFE en Madrid.