Ir o contido principal

Aberto o prazo de solicitudes para o intercambio de estudantes con universidades españolas para o curso 2012-2013

Os estudantes que desexen optar á convocatoria SICUE deben formalizar a matrícula ata o 20 de febreiro

O alumnado dos campus de Santiago e Lugo que desexa optar ás prazas de mobilidade convocadas dentro do Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois (SICUE) para 2012-2012 xa pode formalizar a súa solicitude ata o próximo 20 de febreiro de 2012

Os candidatos deben ter superados un número mínimo de créditos ou materias, dependendo do tipo de estudos que cursen: planos renovados e non renovados e ensinanzas de grao, requisito que debe cumprirse a data 30 de setembro de 2011. En cada un dos centros da USC nomearase unha comisión de selección encargada da selección dos alumnos, na que se valorará tanto os aspectos académicos coma a memoria xustificativa.

As persoas que desexen optar a esta convocatoria deben presentar o impreso telemático de solicitude da mobilidade coa elección de tres universidades de destino así como unha memoria xustificativa da súa petición, dunha extensión máxima de dous folios. Só se aceptará as solicitudes tramitadas en liña, dispoñibles na Secretaría Virtual dos estudantes.

Para máis información sobre a convocatoria pódese consultar o enlace: http://www.usc.es/gl/goberno/vrrelins/portal_internacional/sicue_seneca….

Ligazóns relacionados:

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2012.