Ir o contido principal

Aberto o prazo xeral de matrícula nas prazas vacantes de mestrados

A vindeira listaxe actualizada publicarase o mércores 27 de agosto. Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
A vindeira listaxe actualizada publicarase o mércores 27 de agosto. Imaxe de arquivo dunha clase na USC. FOTO: Santi Alvite
O período para matricularse remata o día 12 de setembro ás 23.59 horas. A vindeira listaxe actualizada publicarase o mércores 27 de agosto

A USC acaba de facer pública a listaxe de prazas vacantes en mestrados, para as cales xa é posible formalizar a correspondente matrícula ata o día 12 de setembro ás 23.59 horas. Cada semana irán actualizándose as prazas vacantes, figurando na listaxe a data da seguinte actualización. A vindeira listaxe actualizada publicarase o mércores 27 de agosto.

Os mestrados teñen como finalidade a adquisición por parte do estudantado dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben para iniciarse en labores de investigación. Toda a información relativa ao proceso de matrícula atópase no web de Xestión de servizos académicos, no apartado relativo a ‘Admisión e matrícula en mestrados’. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2025.