Ir o contido principal

Abre o prazo de matrícula nas actividades acuáticas da USC

A Área de Deportes oferta clases de natación para nenos, adultos, terceira idade e expertos xunto con sesións terapéuticas e de aqua-gym

A Área de Deportes da USC organiza para o novo curso académico actividades acuáticas para nenos, adultos, terceira idade e expertos ademais de ofrecer clases de natación terapéutica e aqua-gym. O prazo de inscrición abre este mércores para os membros da comunidade universitaria e familiares. O resto das persoas interesadas anotaranse a partir do vindeiro martes, día 30.
As clases, que terán unha duración máxima de 45 minutos, organizaranse en grupos e horarios segundo a idade dos alumnos e a súa dispoñibilidade. Os bañistas deben usar obrigatoriamente gorro, bañador, toalla e chanclas.
Novo Cartón DeportivoComo novidade, os usuarios terán que estar en posesión do Cartón Deportivo, destinado a facilitar información das actividades e escolas deportivas. O carné, vixente de outubro de 2008 a setembro de 2009, solicitarase nas oficinas da Área de Deportes, emprazadas na Piscina Universitaria, nas extensións 15070-15071-15072-15073-15076 ou a través da web.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2008.