Ir o contido principal

Abre o prazo para as novas inscricións nas escolas deportivas do Campus de Lugo

Este mércores 17 abre o prazo para formalizar as novas inscricións para o segundo cuadrimestre nas escolas deportivas da USC no Campus de Lugo.
Para inscribirse en calquera actividade deportiva preciso estar en posesión do cartón deportivo, que ten unha vixencia de un ano académico. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Área de Deportes da USC (http://www.usc.es/gl/servizos/deportes).
O campus lugués conta con escolas deportivas de tai-chi, tiro con arco, esgrima, danza oriental, pilates, aerobic e ioga.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.02.2010.