Ir o contido principal

Ábrese a matrícula para os cursos de idiomas do CLM no segundo cuadrimestre

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC abre dende hoxe xoves 2 e ata o día 22 a matrícula para os cursos do segundo cuadrimestre, tanto de iniciación como de niveis máis altos.

En Santiago, as persoas interesadas poden comezar a aprendizaxe de chinés, xaponés ou checo ou continuar o estudo destas linguas máis portugués e ruso. No campus de Lugo o CLM oferta un curso de francés de iniciación A1.2.

Os cursos de linguas estranxeiras complétanse con cursos cuadrimestrais de galego para non galegofalantes -en Santiago de iniciación (A1.1) e en Lugo de continuación (A1.2)- e con intensivos de español para estranxeiros -en Santiago niveis A1.2, A2.2, B1.1, B1.2 e en Lugo de nivel A2.2-. Ademais, en Santiago pode cursarse o A2.2 de catalán e o de preparación para os exames Ramón Llull.

As persoas interesadas deberán someterse os días 10 ou 17 de febreiro a unha proba para determinar o seu nivel idiomático, algo que non deberá facer quen desexe comezar a cursar checo, chinés, galego para non galegofalantes e xaponés

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2012.