Ir o contido principal

Abriu o prazo de inscrición do Programa de Prácticas Extracurriculares do Consello Social

Imaxe de arquivo de alumnado de Óptica realizando prácticas no centro
Imaxe de arquivo de alumnado de Óptica realizando prácticas no centro
Pódense solicitar ou ata o 2 de marzo

Ata o 2 de marzo pódese solicitar a inscrición no Programa de Prácticas Extracurriculares do Consello Social, aquelas prácticas non obrigatorias pero si complementarias para a formación integral do alumnado e que figurarán tanto no expediente académico como no Suplemento Europeo ao Título. Este período poderá realizarse en empresas, institucións e entidades públicas e privadas de ámbito nacional, así como na propia universidade.

O alumnado interesado en participar deberá estar matriculado nun grao da USC, e non terá cuberto o número máximo de créditos de prácticas externas nin realizado o depósito do título. As persoas interesadas poderán elixir realizar a práctica entre as ofertas da convocatoria do Consello Social ou ben nunha entidade ou empresa da súa elección, para o que será preciso establecer un convenio de colaboración educativa específico. Neste último suposto, o/a estudante que propiciara o convenio terá dereito preferente e por unha soa vez a desenvolver as prácticas na entidade asinante.

Independentemente da opción elixida, o alumnado interesado debera presentar a súa solicitude en formato orixinal no Departamento de Prácticas do Consello Social. A selección de candidatos realizarase tendo en conta a media do seu expediente académico, agás as candidaturas por adxudicación preferente, e será o propio alumnado seleccionado quen elixa, de acordo co titor de empresa, as datas e o horario da práctica.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.05.2022.