Ir o contido principal

Achegan recursos educativos en galego para a educación social

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza este venres 8 e o sábado no propio centro (Campus Vida) as VI Xornadas ‘Os recursos educativos en galego: A educación social’. Ademais das conferencias e relatorios específicos, o programa contempla unha mesa de experiencias con diversas iniciativas como unidades didácticas polo Día das Letras Galegas, o proxecto O Pendello e accións editoriais. Tamén os obradoiros ‘A regueifa: recursos para a normalización lingüística ’ e ‘ Recursos TIC para a normalización lingüística na educación social’. Xa o sábado poderase asistir aos bancos de recursos ‘En Galicia, En Galego. Boas prácticas de normalización lingüística nas accións socioeducativas’ e ‘Catálogo de materiais didácticos e recursos educativos elaborados polos concellos da provincia da Coruña ’. Rematará a sesión cunha montaxe teatral da compañía Farrapo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2013.