Ir o contido principal

Acto académico de graduación da XV promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas de Lugo

A XV promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas de Lugo organiza este venres 3 un acto académico con motivo da súa graduación. Será nunha xornada presidida polo vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus lugués, Pedro García Herradón, a celebra a partir das 19:00 horas na Facultade de Administración e Dirección de Empresas. O padriño da promoción, o presidente da Fundación Nortempo, Bartolomé Pidal Diéguez, abrirá a quenda de intervencións coa conferencia ‘Un idea, un negocio. Emprender en tempos de crise’, ao que lle seguirá a entrega de diplomas conmemorativos da graduación. O acto continuará co recoñecemento ao mellor expediente da promoción 2009/2010 a Iria García Cabana, para logo tomar a palabra o decano deste centro lugués, Luís E. Gago. Á intervención de Alberto García Tellado en representación do alumnado da promoción seguiranlle ás do vicedecano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo, Luis García Santalla, da concelleira de Cultura de Lugo, Nuria Mundiña López, e do vicerreitor que clausurará a xornada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.06.2011.