Acto académico de imposición de Becas do Colexio Maior Fonseca
O reitor Juan Casares presidirá este xoves 4 o acto académico de imposición de Becas do Colexio Maior Fonseca, nunha sesión no propio centro a partir das 20.30 horas e que comezará coa entrega de Bandas Colexiais e Insignias aos/ás residentes e co discurso da voceira da promoción, Beatriz Fraga. O acto proseguirá coa entrega de plumas serigrafiadas aos/ás colexiais que rematan os seus estudos este curso, para continuar coa imposición da Becas de Honra a José A. González Patiño e Xosé Delfín Pérez González. Nesta sesión estarán presentes ademais o director da Área de Residencias, Vicente A. Sanjurjo; e os directores dos Colexios Maiores Foseca, Rodríguez Cadarso e San Clemente, David Moreira, Iván Arias e Anxo Abuín, respectivamente.