Ir o contido principal

Acto de benvida aos maiores de 25 e 45 anos que superaron as probas de acceso á Universidade

A USC organiza este venres 15 un acto de recoñecemento e benvida aos estudantes maiores de 25 e 45 anos que superaron as probas de acceso á Universidade en Galicia na súa última convocatoria. A sesión presidiraa o reitor Juan Casares e nela o coordinador do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’,Luis Hervella, explicaralle aos asistentes a oferta de estudos, convocatoria de bolsas, oferta de residencias universitarias, así como actividades culturais e lúdicas que a USC lles ofrece. A sesión comezarás ás 17:30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e nela participarán ademais o representante da USC na CiUG, Jaime Romero, o presidente do tribunal único, Ramón Bravo, e o estudante Iván Varela, matriculado no grao de Xornalismo, que relatará a súa experiencia universitaria tras superar as probas de acceso na convocatoria anterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.04.2011.