Ir o contido principal

Acto fin de carreira dos estudantes de Enxeñaría Química e de Pedagoxía

Os estudantes que este curso finalizan os seus estudos nas titulacións de Enxeñaría Química e Pedagoxía celebrarán este sábado, día 12, o seus respectivos actos fin de carreira.
No caso da IX Promoción de enxeñeiros químicos, o acto celebrarase a partir das 11:30 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto. Na sesión, na que recibirán un diploma acreditativo un total de sesenta alumnos, intervirán Francisco J. Blanco Bellon, en representación dos alumnos; o padriño da promoción Fernando Fenol; o vicepresidente da Asociación Galega de Enxeñeiros Químicos, Iván Seijo; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Juan J. Casares; e o director da ETSA, Juan M. Lema.
PedagoxíaPola súa banda, os estudantes da Licenciatura de Pedagoxía celebrarán o seu acto fin de carreira a partir das 16:00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. No acto presidido polo decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradás, intervirán tamén a profesora Mar Lorenzo e o docente Antón Costa, padriños da promoción. O acto rematará coa entrega dun diploma acreditativo aos máis de oitenta estudantes que este ano se gradúan.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2007.