Ir o contido principal

Acto de constitución da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia

Os fundadores e patróns do Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia participarán este martes 10 na reunión fundacional deste centro, que ten como embrión a Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela. Á reunión asistirán representantes ao máis alto nivel das consellarías de Innovación e Industria e do Medio Rural, das universidades de Santiago de Compostela e Vigo, do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e das empresas CAPSA, Leche Pascual, Lactalis, Celta, Leyma, Feiraco, Queizuar, Queserías Prado, LASURGAL e Puleva Food.
Despois da reunión, ás 11:45 horas, os asistentes participarán nunha rolda de prensa e seguidamente as autoridades (e os xornalistas, se o desexan) visitarán a Aula de Produtos Lácteos da USC, situada nas proximidades do Pazo de Feiras e Congresos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.02.2009.