Ir o contido principal

Acto de entrega do segundo Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán

De esquerda a dereita: Miguel Cabo, Juan Casares, Juan B. de la Salle e Antonio Míguez Macho
De esquerda a dereita: Miguel Cabo, Juan Casares, Juan B. de la Salle e Antonio Míguez Macho
Na mesma cerimonia presentarase a terceira edición deste premio bianual

Os profesores do Departamento de Historia Contemporánea da USC Miguel Cabo Villaverde e Antonio Míguez Macho recolleron este xoves 15 na Fundación Novacaixagalicia en Santiago (Rúa do Vilar 19), o 2º Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán polo seu traballo ‘A Cámara agrícola e pecuaria de Santiago (1903-1929): Un espazo de sociabilidade e de poder na Compostela da Restauración’, que explicaron brevemente na propia cerimonia. No acto de entrega, no que participa o presidente da Real Sociedade Económica de Amigos de País da Cidade de Santiago (RSEAPS), Juan B. de la Salle Barreiro, entregouse tamén unha mención especial do xurado a Beatriz Cancela Montes e Alberto Cancela Montes pola investigación ‘Da música académica ao nacionalismo musical. A saga de músicos Courtier en Galicia’. Terceira edición O Premio Domingo Fontán convócano cada dous anos e desde 2008 a USC e a RSEAPS coa fin de recoñecer traballos de investigación histórica, paleográfica, xeográfica, artística, arquivística, patrimonial, bibliográfica ou calquera outro fundamentado no patrimonio e documentación da Real Sociedade ou baseado no período e motivo da súa creación. Ten unha dotación económica de 2.000 euros. Neste acto de entrega presentarase ademais a terceira edición do galardón correspondente á convocatoria 2012-2013, que se abrirá este 1 de abril e pechará o 30 de setembro de 2013, coñecéndose tres meses despois o ditame do xurado, composto polo vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización da USC, Víctor Millet Schröder; o decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Juan Manuel Monterroso Montero; o director do Departamento de Historia Económica da USC, Xoán Carmona Badia; ademais do presidente e secretario da RSEAPS, Juan B. de la Salle e Fernando Barros. A cerimonio celebrouse na Fundación Novacaixagalicia en Santiago, onde tamén se presentou a terceira convocatoria do premio

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2012.